LIFLITE S. COOP. GALEGA
AVISO LEGAL E INFORMACIÓN: O presente aviso e información legal regula o uso do servizo de Internet: www.liflite.com, que Liflite S. Coop. Galega, en adiante Liflite con domicilio social en Estrada da Gándara, 33-35 (15570 Narón) pon á disposición dos usuarios de Internet.
DATOS DA ENTIDADE: Liflite dispón de CIF. Nº: F-70343116. Enderezo de correo electrónico: liflite@liflite.com. Teléfono: 881939142.
OBXECTO: O sitio Web www.liflite.com ten por obxecto principal informar sobre as actividades propias do obxecto social de Liflite tales como: realización de páxinas web, marketing e comunicación na rede Internet. Igualmente informámoslle que a visita ao sitio Web: www.liflite.com non supón que o usuario estea obrigado a facilitar ningunha información sobre si mesmo.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE:
Os usuarios que faciliten datos de carácter persoal, consinten inequívocamente a incorporación dos seus datos aos ficheiros, que conteñan datos de carácter persoal, dos que sexa responsable LIFLITE así como o tratamento informatizado ou non dos mesmos coa fin de que poidan ser utilizados por LIFLITE cunha finalidade propias do seu obxecto social. LIFLITE infórmalle expresamente que ditos datos, xunto cos que se orixinen como consecuencia da execución do servizo, resultan necesarios para o desenvolvemento, control, xestión e execución dos mesmos e que os datos serán incorporados aos ficheiros creados a tal efecto en cada caso. A introdución e rexistro dos datos persoais por parte do usuario comportará a aceptación e autorización expresa a LIFLITE para a recollida, incorporación aos respectivos ficheiros e tratamento de ditos datos persoais, así como a súa conservación durante os prazos previstos nas disposicións aplicables. E, en cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal Vde., poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais ante a Responsable do Ficheiro: LIFLITE no enderezo de E-mail: liflite@liflite.com ou mediante o envío dunha carta dirixida a LIFLITE á dirección postal: Estrada da Gándara, nº33-35, C.P. 15570, Narón, á atención de “Datos Persoais”. O usuario acepta que os seus datos poidan ser cedidos a terceiros exclusivamente para as finalidades sinaladas anteriormente, na forma e coas limitacións que impón a lexislación actual sobre protección de datos persoais.