Despois dunha nova actualización en Ubuntu 14.04, detectamos un erro que provoca que as conexións de red deixen de funcionar. Vemos que xa está reportado en askubuntu.com e indicámosvos a solución que nos funcionou como alternativa temporal.
Esta é a ligazón onde se comenta o problema coa rede en Ubuntu 14.04 despois de actualizar.
Como alternativa en equipos conectados á rede por cable e DHCP engadimos as seguintes liñas ao noso ficheiro interfaces (/etc/network/interfaces):
1.- Abrimos un terminal.
2.- Executamos a orde:
sudo nano /etc/network/interfaces
para poder editar o ficheiro de configuración de rede “interfaces”.

3.- Engadimos as seguintes liñas:
auto eth0
allow-hotplug eth0
iface eth0 inet dhcp
4.- Agora reiniciamos á rede co comando
sudo /etc/init.d/networking restart
ou podemos directamente reiniciar o propio equipo.
Unha vez reiniciado o equipo xa teremos acceso á rede e poderemos continuar co downgrade das librerías que causan o problema, seguindo as indicacións da ligazón http://askubuntu.com/questions/727127/last-upgrade-crashes-network-manager-no-internet-connection-no-applet
Este post é só unha alternativa para recuperar a rede nun equipo con Ubuntu 14.04 que perdeu a súa conexión despois dunha actualización menor. Non é unha solución definitiva. Utilízao baixo a túa responsabilidade.