O obxectivo de este artigo é explicar como podemos migrar un perfil de Facebook a unha páxina. O motivo soe ser que a política de Facebook non nos permite empregar perfís para outros usos que non sexan os de empregar un perfil como se dunha persoa real se tratara. Pero a realidade é outra e habitualmente créanse perfís para promocionar o noso bar, a empresa, etc. e non lle damos importancia ata que a conta comeza a bloquearse porque o Facebook detecta un uso non permitido…
Pois ben, existe un método co que podemos trasladar as amistades deste perfil a unha páxina como Me gusta, e “non” perder o traballo realizado. O non o destaco entre comiñas, porque despois de bucear pola rede, facer algunhas probas e mesmo o propio Facebook, este proceso non é 100% fiable.
Para comezar, realizaremos unha copia do que contén o perfil que queremos migrar: Como realizar unha copia do noso perfil do Facebook.
O seguinte paso é facer clic na seguinte ligazón (ollo, se comezas o proceso é irreversible):
https://www.facebook.com/pages/create/migrate/

Durante 15 días todavía teremos acceso a algunha información do noso perfil: Información xeral da páxina, aos amigos e os álbumes de fotos.
E xa estaría finalizado o proceso. Agora sólo falta a autorización de Facebook e unha pequena dose de sorte para que todo o proceso saia o mellor posible.
E se queremos unir dúas páxinas de Facebook nunha soa? Explicámoscho a continuación: unir dúas páxinas de Facebook en unha.