O outro día estivemos engandido a ferramenta LanguageTool a diferentes máquinas da nosa entidade. O problema é que nalgunhas non podíamos engadir correctamente o plugin. Seguimos os pasos de instalación e a pesar de todo, seguiamos a ter problemas.
As máquinas que empregamos teñen sistemas operativos Debian ou Ubuntu, e nalgunhas podiamos facelo funcionar sen problemas. Despois de moitas voltas, o que comprobamos é que faltaba a librería libreoffice-common-java. Unha vez instalada, xa puidemos traballar con esta ferramenta gramatical.
Serviuche de axuda a pista? Segues a ter problemas?
Envíanos un comentario e intentaremos axudarte (indícanos Sistema Operativo e versión de LibreOffice).
LibreOffice
Ubuntu
Debian