Somos Liflite
Nacemos como colaboradores de Tagen Ata para especializarnos en e-learning, como apoio aos proxectos de creación de contidos ou alfabetización tecnolóxica.
A nosa intención é xerar vida ao redor das TIC, coa nosa sensibilidade, motivación e interese polo traballo que facemos. A experiencia profesional que nos leva a crear este grupo vén do mundo das TIC, da economía social, do Software libre e do cooperativismo.